Siguenos en Facebook
Actualidade
 
OBRAS NO BAIXO SOCIAL
 

Remataron as obras de mantemento realizadas na Sala de usos múltiples do baixo social, consistentes na substitución da madeira que recobría unha das paredes, deteriorada pola humidade existente, por plaqueta de cerámica. De igual xeito procedeuse á substitución do banco de madeira e alicatado da parte baixa do mesmo.

As obras contaron cunha subvención da Deputación provincial da Coruña dentro do programa FO204 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2017.

 
 
 
     
 

AUTORIZACIÓN DE LOCAIS SOCIAIS PARA USO ESCOLAR

Ao igual que en cursos anteriores e atendendo á solicitude feita pola mestra da E.E.I. Fontelo, a Xunta Directiva da S.C.R.D. Fillos de Ois acordou:

a) Conceder autorización á mestra da E.E.I. Fontelo para o uso da sala de usos múltiples (anexo ao bar social) unha hora semanal (10,30 h. a 11,30 h.) no día que ao efecto contemple a Programación Xeral Anual; e os martes de 12,30 h. a 13,30 h. para facer actividades psicomotrices na área de inglés cos alumnos da escola, durante o curso 2017-2018

b) Conceder autorización á mestra da E.E.I. Fontelo para o uso dunha parte do local destinado a almacén, situado no primeiro andar do edificio social, para gardar material de primeira necesidade da escola, durante o curso 2017-2018

c) Conceder autorización á mestra da E.E.I. Fontelo para o uso do local destinado a Biblioteca social os luns de 11,00 h. a 14,00 h. e os venres de 11,30 h. a 13,00 h. para impartir clases de apoio ao alumnado durante o curso académico 2017-2018

PROPOSTA DE PECHE NA ENTRADA PRINCIPAL ÁS INSTALACIÓNS

Na reunión mantida entre a Directiva da S.C.R.D. Fillos de Ois, a mestra dea E.E.I. Fontelo, as nais e pais dos escolares e a concelleira de educación do concello de Coirós, os pais e nais manifestaron o seu desexo de incrementar as medidas de seguridade nas instalacións sociais de cara aos escolares.

A Xunta Directiva desta Sociedade, implicada desde hai máis de 30 anos no eido educativo, comprometeuse a buscar unha solución ao problema plantexado polos pais e nais.

Co fin de compaxinar as necesidades dos Socios e do público en xeral que acode ás instalacións sociais coas esixencias de seguridade motivadas pola existencia dunha aula escolar no edificio social, a Xunta Directiva adoptou o seguinte acordo:

- "Autorizar ao concello de Coirós para a colocación dun portal na entrada principal das instalacións sociais, dotado dun mecanismo que permita mantelo pechado naqueles momentos en que as necesidades escolares así o precisen. O citado portal permanecerá normalmente aberto para facilitar o acceso ás instalacións tanto de Socios como do público en xeral e será a mestra da E.E.I. Fontelo a encargada de pechalo, única e exclusivamente cando os escolares estean fora da aula, debendo deixalo aberto unha vez que remate o tempo de recreo ou o tránsito dos mesmos polas instalacións da Sociedade".

Esta proposta foi trasladada ao concello de Coirós con data 16.10.2017

 
 
 
 
 
     
     
     
GALERÍA DE IMAXES
DE INTERÉS

Para participar nas actividades é preciso estar ao corrente no pago das Cotas sociais.

Poderán participar nas actividades programadas pola Sociedade tódolos Socios de Número e Beneficiarios que teñan aboado a Cota Social correpondente ao ano en curso e baixo as condicións que para cada unha delas estableza a Xunta Directiva.

 

PUBLICACIÓNS
ENLACES EXTERNOS

 

 
© 2017 SCRD Fillos de Ois - G15074305 - Lg. Fontelo 37 - 15316 Coirós - A Coruña - email: fillosdeois@yahoo.es - Nº Rexistro 1982/001218-1 (AC)